Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

MELLORA DOS RECURSOS LOXISTICOS

O proxecto consiste na adquisición dunha furgoneta frigorífica híbrida para o transporte de peixe e marisco, garantindo o mantemento da cadea de frío ereducindo o impacto ambiental.
A actuación permitirá mellorar a calidade do produto, optimizar a loxística de distribución e reducir custos e tempos de entrega, favorecendo cadeas de subministración curtas e o abastecemento directo a restaurantes e comercios. Ademais, contribúe a unha actividade máis sostible, facilitando a expansión a novos clientes e mercados e a apertura de novos canais de venda.

Datos xerais
Acrónimo: 
PE155A-2026-00199
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Chavinesa. SL
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de Decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro da EDLP do GALP, na convocatoria 2026
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
13/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
2026
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

Viveiro (Lugo)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
41.818,18 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
41.818,18 €
Total axuda pública aprobada (€): 
20.909,09 €
% Subvención: 
50,0
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
14.636,36 €
FEMP (%): 
70
CA (€): 
6.272,73 €
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
9
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Mellorar a comercialización directa dos produtos pesqueiros locais, garantindo un transporte adecuado que preserve a calidade do peixe e do marisco desde a súa recollida ata o punto de entrega.
  • Garantir o mantemento da cadea de frío, mediante a incorporación dun vehículo isotermo que asegure a conservación óptima dos produtos pesqueiros durante todo o proceso de distribución, reforzando a súa calidade e seguridade alimentaria.
  • Optimizar a loxística de distribución, reducindo os tempos de transporte, mellorando a eficiencia das entregas e facilitando o abastecemento directo a restaurantes, comercios e outros clientes.
  • Incrementar o valor engadido dos produtos pesqueiros locais, favorecendo a súa valorización a través dunha distribución máis eficiente que permita manter a súa frescura e calidade ata o consumidor final.
  • Reforzar as cadeas curtas de comercialización, impulsando a conexión directa entre o sector pesqueiro e os mercados de proximidade, contribuíndo á competitividade da empresa e ao desenvolvemento da economía azul do territorio.
  • Reducir o impacto ambiental da actividade, incorporando un vehículo máis eficiente e sostible que contribúa á diminución das emisións e á mellora da sustentabilidade do transporte de produtos pesqueiros.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Garantir o mantemento da cadea de frío durante o transporte, asegurando que os produtos pesqueiros cheguen aos puntos de venda e aos clientes en condicións óptimas de frescura, calidade e seguridade alimentaria.
  • Mellorar a comercialización directa dos produtos pesqueiros locais, incrementando a capacidade de distribución da empresa e reforzando as cadeas curtas de comercialización entre a lonxa e os puntos de venda.
  • Optimizar a loxística da empresa, reducindo os tempos de transporte, mellorando a planificación das rutas de distribución e incrementando a eficiencia operativa.
  • Incrementar o valor engadido dos produtos pesqueiros, favorecendo que o peixe e o marisco manteñan as súas características organolépticas e a súa calidade ata o consumidor final, mellorando a súa competitividade no mercado.
  • Ampliar a capacidade de abastecemento a clientes e puntos de venda, facilitando a distribución a novos establecementos e consolidando a carteira de clientes da empresa.
  • Reforzar a competitividade e a sustentabilidade da actividade, mediante a incorporación dun vehículo adaptado ás necesidades do transporte de produtos pesqueiros, contribuíndo á mellora do servizo ofrecido e á consolidación da actividade empresarial.
Principais actividades do proxecto: 

A actuación consiste na adquisición dun vehículo equipado cun caixón isotermo reforzado, destinado ao transporte de produtos pesqueiros adquiridos na lonxa ata os puntos de venda propios e outros clientes da contorna. O vehículo permitirá manter a cadea de frío durante todo o proceso de distribución, garantindo que o peixe e o marisco cheguen ao seu destino en condicións óptimas de frescura, calidade e seguridade alimentaria.

A incorporación desta infraestrutura contribuirá a mellorar a eficiencia loxística da empresa, optimizar os tempos de entrega, reforzar a comercialización directa dos produtos pesqueiros locais e incrementar a súa valorización, favorecendo o abastecemento dos mercados de proximidade e a competitividade da actividade.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

OBXECTIVO ESPECÍFICO 1.1. Desenvolver un produto pesqueiro de valor a través de melloras produtivas e organizativas no sector e nas actividades mariñeiras.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)