Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

156 alumnos do CPI Atios de Valdoviño participaron as pasadas semanas na campaña Xogando na Auga

Nada mais comeza-lo curso escolar, os rapaces de quinto e sexto de educación primaria, e de segundo, terceiro e cuarto de educación secundaria do CPI Atios de Valdoviño, achegáronse ó peirao de Cedeira para participar no programa “Xogando na Auga”

O programa “Xogando na Auga 2.018” financiado polo Grupo Local do Sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal co obxectivo de sensibilizar e poñer en valor o acervo cultural relacionado coa navegación tradicional e as artes mariñeiras, leva funcionando dende xuño cos escolares dos concellos costeiros do Ortegal.

Os rapaces de Valdoviño, equipados con chalecos, tomaron os mandos das embarcacións colectivas de vela e as piraguas, guiados por monitores. Os procedementos para navegar a vela e en piraguas de dous tripulantes, foron os contidos destas primeiras sesións do curso, que se desenvolveron nun ambiente lúdico.

Impulsados por ventos frouxos, cunha boa temperatura e sol radiante, que animou a algún que outro a tomar unha baño improvisado,  as embarcacións de vela atravesaron a enseada de Cedeira, partindo da rampa e do pantalán situadas na lonxa antiga.