O proxecto consiste nun restaurante ligado ao fomento da economía azul e o patrimonio cultural, ofertando un servicio de restauración baseado no produto local, nun entorno mariñeiro e mostrando a cultura do lugar, no cal se realizarán actividades de Showcooking, xornadas gastronómicas do mar e Accións Divulgativas
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O proxecto ten como obxectivo principal a especialización dun restaurante en produtos pesqueiros locais da Mariña, promovendo a valorización da pesca artesanal e a economía azul sostible a través da gastronomía. Para iso, defínense os seguintes obxectivos específicos:
1. Valorización e promoción dos produtos pesqueiros locais
- Incorporar na oferta gastronómica peixes e mariscos autóctonos, tendo en conta tamén aqueles menos apreciados comercialmente pero de alta calidade.
- Fomentar o consumo responsable e sostible de produtos da pesca local, promovendo especies de tempada e capturas con criterios de sustentabilidade.
- Realizar xornadas gastronómicas e eventos temáticos para dar a coñecer a riqueza da pesca local e educar aos consumidores sobre o seu valor.
2. Impulso da economía azul e do desenvolvemento local
- Apoiar ás pesqueiras e conserveiras locais, xerando unha cadea de valor que beneficie aos produtores da zona.
- Apostar por produtos de proximidade e de tempada, reducindo a pegada de carbono e promovendo a sustentabilidade.
- Posicionar o restaurante como un referente gastronómico en Burela, promovendo o turismo e o coñecemento do sector pesqueiro.
3. Innovación na oferta gastronómica
- Combinar técnicas culinarias tradicionais con influencias internacionais, creando pratos innovadores que destaquen os sabores autóctonos, maridando produtos do mar con produtos de terra.
- Ofrecer unha experiencia gastronómica diferenciada, fusionando produtos locais con tendencias globais para atraer tanto ao público local como ao turismo nacional e internacional.
4. Creación de emprego e melloras das condicións laborais na hostalaría. Co proxecto preténdese crear emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos nun sentido amplo:
- Xerar emprego, garantindo estabilidade e condicións laborais dignas.
- Establecer políticas de contratación inclusivas, baseadas en habilidades e competencias, fomentando a igualdade de oportunidades.
- Aplicar un modelo de traballo máis equilibrado, con horarios predefinidos que respecten o tempo de descanso do persoal, evitando a sobrecarga laboral habitual no sector.
- Ofrecer salarios xustos e proporcionais ás responsabilidades e esforzo, fomentando un ambiente laboral motivador e sostible.
5. Mellora da competitividade e modernización do establecemento
- Adaptar as instalacións con mobiliario funcional, mellorando a seguridade, hixiene e experiencia do cliente.
- Actualizar a cociña con equipamento de alta eficiencia enerxética, que optimice os procesos de preparación e conservación de alimentos.
Este proxecto representa unha oportunidade para dinamizar a economía da zona, modernizar o sector hostaleiro e dar un novo valor á pesca local, garantindo un impacto positivo tanto a nivel económico como social e ambiental.
- Conseguir posicionar o restaurante como un referente gastronómico na zona, creando un modelo de negocio sostible e rendible, capaz de xerar emprego de calidade e contribuír ao desenvolvemento económico e social da comunidade local.
- Reactivación económica local: Apoio á cadea de valor da pesca local, fortalecendo a economía da zona.
- Creación de emprego estable e de calidade, cun modelo laboral sostible.
- Fomento da identidade gastronómica de Burela: Promoción de produtos autóctonos e xornadas gastronómicas para educar e atraer turismo gastronómico local.
- Sustentabilidade e respecto polo medio ambiente: Redución da pegada de carbono a través do consumo de produtos locais e de tempada.
A. Adecuación e modernización do local para a oferta ao publico dos pratos con productos do mar, impulsando experiencias e eventos turisticos de visitas a barcos e outros espazos mariñeiros. Para garantir a viabilidade e competitividade do restaurante, invertirase en novo equipamento que optimizarán a operatividade e seguridade do establecemento.
B. Creación e formación do equipo de traballo. O restaurante terá unha necesidade de persoal dependendo da temporada, combinando profesionais con experiencia e persoas sen formación previa, ás que se ofrecerá capacitación específica. O proceso de contratación seguirá criterios de igualdade, sen discriminación por idade, xénero ou orixe.
- Formación do persoal:
- Capacitación en cociña e servizo de sala, con foco en produtos locais.
- Formación en atención ao cliente, seguridade alimentaria e innovación gastronómica.
- Promoción da sostibilidade e redución do desperdicio alimentario.
- Mellora das condicións laborais:
- Horarios laborais equilibrados, respectando os turnos establecidos.
- Salarios xustos e proporcionais ás responsabilidades.
- Incentivos para fomentar un equipo motivado e comprometido
C. Actividades de Showcooking, Eventos e Accións Divulgativas
1. Showcooking na Lonxa de Burela
Descrición: Realización de demostracións culinarias en directo na lonxa, onde se prepararán pratos con peixes e mariscos adquiridos no día.
Obxectivo: Mostrar ao público como se traballan os produtos desde a súa chegada da captura ata a súa elaboración en cociña.
Público destinatario: Consumidores, turistas, restauradores e colectivos interesados en gastronomía sostible.
Periodicidade: Actividade programada en colaboración coa lonxa en función da dispoñibilidade do espazo e dos permisos concedidos.
2. Xornadas Gastronómicas do Mar
Descrición: Organización de eventos temáticos onde se promoverán especies locais menos coñecidas comercialmente, combinándoas con ingredientes da terra como a Faba de Lourenzá.
Obxectivo: Dar a coñecer novas posibilidades culinarias, fomentar o consumo de produto pesqueiro local e fortalecer a identidade gastronómica da Mariña Lucense.
Público destinatario: Público xeral, prensa gastronómica e profesionais da restauración.
Periodicidade: Celebración de dúas ou tres xornadas ao ano, coincidindo con datas de maior afluencia turística ou campañas de promoción do produto mariñeiro.
3. Experiencia Pesqueira: Visita a un Barco de Pesca
Descrición: Posibilidade de organizar visitas a barcos pesqueiros en porto para explicar as distintas artes de pesca e a vida a bordo. Inclúe un cocktail con degustación de produtos locais preparados con técnicas innovadoras.
Obxectivo: Crear unha experiencia inmersiva que mostre o proceso de captura e a importancia da pesca sostible.
Público destinatario: Turistas interesados en experiencias gastronómicas e culturais.
Periodicidade: Dependente da dispoñibilidade e permisos, pero con intención de programalo varias veces ao ano.
4. Charlas e Degustacións en Cofradías e Centros Culturais
Descrición: Sesións educativas sobre o sector pesqueiro, a súa historia e o impacto da pesca sostible, acompañadas dunha pequena degustación de pratos elaborados con produto local.
Obxectivo: Sensibilizar á poboación sobre o valor do produto pesqueiro local e as boas prácticas na restauración sostible.
Público destinatario: Escolares, colectivos sociais e público interesado na cultura mariñeira.
Periodicidade: Actividades puntuais organizadas en colaboración con confrarías e entidades locais.
5. "A Historia detrás do Prato" – Integración do Storytelling de cada prato
Descrición: Cada prato do restaurante terá asociada información sobre a súa orixe, a arte de pesca utilizada e o proceso de captura.
Obxectivo: Crear unha conexión directa entre o cliente e a tradición mariñeira, reforzando a trazabilidade do produto e a súa importancia cultural.
Público destinatario: Clientes do restaurante e seguidores en redes sociais.
Periodicidade: Permanente, como parte da identidade do local.
6. Campañas Dixitais e Redes Sociais
Descrición: Difusión de contidos audiovisuais mostrando os procesos de compra do produto fresco, a súa preparación e a súa historia.
Obxectivo: Aumentar a visibilidade do proxecto, atraer novo público e reforzar a marca do restaurante como un referente en gastronomía mariñeira.
Público destinatario: Público online e turistas interesados en experiencias gastronómicas.
Periodicidade: Contido semanal en redes sociais e actualizacións en función dos eventos programados.
OBXETIVO ESTRATÉXICO 2. Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
OBXETIVO ESPECÍFICO 2.1. Incrementar a relación do sector pesqueiro e do produto pesqueiro en actividades de diversificación da zona costeira.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

