Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Construír o Futuro de Xove Mirando ao Mar

Trátase dun proxecto conxunto promovido por 3 entidades: unha do Sector Público, unha do Sector Social e unha do Sector Económico, que consiste en poñer en valor o patrimonio cultural e natural do territorio, produtos pesqueiros locais e dinamizar turísticamente o Municipio de Xove (Lugo), situado na Mariña de Lugo, territorio do GALP A Mariña-Ortegal.

O proxecto ten intención de integrar dentro dun único marco actividades que se teñen levado a cabo noutras ocasións, pero dunha maneira illada. -Festa do Percebe e Festa do Polbo- para dotalas de coherencia e cohesión entre si e cos conceptos de biodiversidade e sustentabilidade que a sociedade demanda cada vez máis e que o propio sector require para garantir a súa pervivencia futura.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Xove. Asociación de Festexos A Medorra. ACIAM de Xove.
Datos de interese: 
http://www.xove.es/
Perfil empresarial: 
Concello Asociación do Sector Social sen ánimo de lucro Asociación do Sector Económico sen ánimo de lucro
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o desen
Convocatoria - ano: 
2017
Data de aprobación: 
03/10/2017
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
23
Anualidades: 
2017-2018-2019
Data fin de execución: 
31/10/2019
Ámbito de aplicación: 

Xove (Lugo)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
127.052,67 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
122.454,67 €
Total axuda pública aprobada (€): 
80.472,89 €
% Subvención: 
65,7
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
68.401,96
FEMP (%): 
85
CA (€): 
12.070,93
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Dinamizar turística, social e economicamente Xove e a zona da Mariña-Ortegal.
Dar a coñecer os produtos do mar procedentes da zona Mariña-Ortegal, aumentando o seu valor engadido e potenciando o seu consumo, logrando que isto poida repercutir nun aumento do valor económico dos produtos pesqueiros.
Dotar ao sector hostaleiro de Xove de ferramentas necesarias para desenvolver os elementos diferenciadores que lles permitan ser máis competitivos, fomentando así o crecemento económico.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Desenvolvemento turístico Municipio de Xove ao mellorar oferta gastronómica e cultural.
  • Desenvolvemento económico do municipio.
  • Fortalecemento da cohesión social e económica grazas á promoción de sinerxias para facer promoción conxunta dos seus produtos e os seus recursos a través de estratexia turística conxunta.
  • Aumento da sensibilización da poboación sobre o desenvolvemento sustentable e da necesidade de preservar a contorna natural.
  • Reforzo da identidade colectiva.
 
Principais actividades do proxecto: 

Exaltación dos produtos pesqueiros locais.
Xornadas e exposicións sobre a biodiversidade e a sustentabilidade.
Actividades e talleres de sensibilización e concienciación.
Rutas Marítimas para coñecer os traballos pesqueiros in - situ.
Programa de formación para o persoal de hostalería orientado a desenvolver menús do mar .
Realización dunha páxina web para divulgar os diferentes proxectos, accións e actividades.
Realización de vídeos e documentais sobre o pasado e presentes do sector pesqueiro.
Elaboración de guías didácticas sobre os ecosistemas do polbo e o percebe.
Elaboración do documental e guía didáctica da Baleeira de Morás.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo 6 : Fomento da cooperación.

Obxectivo 1: Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.

Obxectivo 2: Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.

Obxectivo 3 : Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.

Obxectivo 4: Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.

Obxectivo 5: Reforzo das comunidades no desenvolvemento local e da gobernanza, dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.

 

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo 6.1: Incrementar a cooperación entre entidades do territorio e de fóra do territorio do GALP para reforzar a sinerxia e o establecemento de redes, na mellora dos diferentes sectores e no desenvolvemento das zonas pesqueiras.

Obxectivo 1.1: Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro A Mariña- Ortegal.

Obxectivo 2.2: Crear e consolidar unha imaxe de marca do territorio A Mariña-Ortegal.

Obxectivo 2.3: Facer de   A Mariña-Ortegal un destino turístico diferencial,  destacando as potencialidades do turismo mariñeiro.

Obxectivo 3.1: Dotar de novos instrumentos que garantan un maior coidado do medio natural e mariño.

Obxectivo 4.1: Recuperación dos recursos patrimoniais do conxunto da zona pesqueira.

Obxectivo 5.1: Poñer en práctica mecanismos de participación na xestión e no desenvolvemento do programa de axudas.

 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)