Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Continuamos co ciclo de obradoiros de xeración de proxectos do Mar. GOBERMAR

Continuamos co ciclo de obradoiros de xeración de proxectos do mar do proxecto de Gobernanza “GOBERMAR” que establece unha canle de diálogo entre diversos axentes sociais do sector pesqueiro, administracións, asociacións, empresas e persoas emprendedoras, co ánimo de fomentar novos proxectos e ideas de negocio, dentro da convocatoria de axudas do GALP A Mariña Ortegal relativa ao Fondo Europeo e Marítimo de Pesca, aberta ate o 1 de marzo de 2020.

Nestas sesións de divulgación e debate colaboran os concellos do territorio. Así, a semana pasada estivemos en Ortigueira e Burela, participando nos encontros confrarías, mariscadores, empresas comercializadoras e transformadoras e persoas interesadas en lanzar un novo proxecto no territorio. Están a xurdir consultas sobre as posibilidades de financiamento para accións de I+D, venda online de especies, proxectos de posta en marcha de conservas e procesados e accións de economía circular ligadas ao mar.

Nos obradoiros facemos unha exposición das principais preocupacións e necesidades que están a manifestar as empresas a través dunha sondaxe de detección de novas oportunidades de negocio e dos proxectos que se están a financiar nos últimos anos dende o GALP, co obxectivo de xerar ideas de potenciais empresas, diversificación de actividades e colaboracións entre o tecido empresarial.

Animádevos a participar nas seguintes sesións: martes 19 de novembro en Viveiro (na sala multiusos da casa do concello) e o mércores 20 en Ribadeo (na casa da xuventude), ambas sesións darán comezo ás 18,00 horas.

Para poder organizar mellor o encontro precisamos saber da túa participación con antelación. Inscríbete en gobermar.marinaortegal@gmail.com ou no 633.074.271.