Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Gran acollida dos Obradoiros de Formación en Cociñado de Peixes e Mariscos

Seguindo o seu periplo polos concellos do territorio do GALP A Mariña-Ortegal, o cociñeiro Miguel Mosteiro imparteu este sábado o seu maxisterio diante de máis de corenta alumnos inscritos nos obradiros de Cariño e Ortigueira.

As distintas técnicas de corte e limpeza,  espertaron un gran interés entre os asistentes que, como xa ven sendo habitual, animaronse a botar man dos cóitelos e por en práctica o aprendido. O resultado final dos obradoiros foron varias elaboracións culinarias, como as ameixas con prebe de ramallo de mar ou merluza mareira que puideron ser degustadas polos propios alumnos.

A maior afluencia de participantes correspondeu ó concello de Ortigueira onde foi necesario habilitar máis prazas para dar collida ós vintetrés alumnos que se inscribiron e entre os que se atopaba o Alcalde Xoan Penabad que tampouco se quixo perder a clase maxistral sumándose activamente ó obradoiro.

A valoración dos talleres por parte dos asistentes foi moi alta, ata o punto de que non faltou quen pedirá a continuidade ou a ampliación dos obradoiros con máis especies e, como non, con máis receitas.

Mentras tanto, a programación continúa e da paso xa este sábado a outros dous obradoiros que terán lugar nos concellos de O Vicedo e Viveiro onde o ritmo de inscripción está a ser tamén elevado, o que fai pensar que se esgotarán as prazas.