
O proxecto consiste na rehabilitación e adaptación funcional do edificio, situado na Praza de España dentro do casco histórico protexido de Ribadeo, para adecualo como hotel. O edificio pertence o patrimonio civil de Ribadeo, é de carácter histórico–indiano, coñecido como Casa Loriente. O valor patrimonial do edificio e a súa situación no casco histórico artístico de Ribadeo, e a proximidade ó porto, fan do mesmo unha oportunidade estratéxica para o desenvolvemento dunha actividade hoteleira de calidade, moi demandada na actualidade e claramente diferenciada da oferta actual.
Trátase dunha oferta innovadora conxunta de aloxamento, gastronomía e experiencias dentro e fora do hotel, mediante colaboracións con outras entidades dedicadas ao turismo activo e ao sector pesqueiro, para por en valor o produto e a actividade mariñeira.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Ser o hotel de carácter mariñeiro para o turismo da Mariña-Ortegal.
- Desestacionalizar a demanda, facendo un destino atractivo ao longo de todo o ano a través dunha oferta de actividades diversificada mediante experiencias dentro do hotel e fóra do mesmo.
- Posicionamento como destino turístico a nivel nacional e internacional a través de promoción turística e a través das novas tecnoloxías da información e comunicación
Creación de emprego, paridade nas contratacións e formación continua dos traballadores.
Posta en valor dunha importante infraestrutura do Patrimonio Civil da Mariña, a través da rehabilitación e decoración do edificio.
Comercialización de produtos do mar locais.
Diversificación da actividade económica da zona.
Establecemento de convenios de colaboración con entidades e profesionais do sector turístico e mariñeiro para potenciar o turismo mariñeiro e poñer en valor os recursos turísticos naturais e patrimoniais costeiros.
Rehabilitación e adaptación funcional do edificio para adecualo a hotel.
Recuperación dun elemento patrimonial indiano para o desenvolvemento dunha actividade turística.
Creación de emprego.
Potenciación de destino turístico.
Posta en valor do produto e a actividade mariñeira
Obxectivo 2: Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
Obxectivo 6 : Fomento da cooperación.
Obxectivo 2.2: Crear e consolidar unha imaxe de marca do territorio Mariña-Ortegal.
Obxectivo 2.3: Facer da Mariña-Ortegal un destino turístico diferencial, destacando as potencialidades do turismo mariñeiro.
Obxectivo 6.1: Incrementar a cooperación entre entidades do territorio e de fóra do territorio do GALP para reforzar a sinerxia e o establecemento de redes, na mellora dos diferentes sectores e no desenvolvemento das zonas pesqueiras.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)