
A III Travesía “Navega el Camino”, que comenzou o pasado sábado 14 de xullo no porto deportivo de Hondarribia (Guipúzcoa) e na que participan 25 embarcacións, 4 delas francesas, fixo parada esta fin de semana en #Viveiro no seu traxecto con destino final Santiago de Compostela.
Durante a xornada do domingo os pelegrins mariñeiros puideron disfrutar de diferentes actividades: visitas guiadas ao Museo do Mar de San Cibrao e ao casco histórico de Viveiro, ou un showcooking gastronómico nos claustros de San Francisco, con degustación de merluza do pincho e ensalada de algas.
A travesia continua ruta ata sua seguinte escala Cedeira!
Nesta sexta e séptima escala da Travesía, que recalan no noso territorio, as actividades foron organizadas e financiadas polo GALP A Mariña-Ortegal.