
A empresa promotora, dedicase á compravenda ao por maior de peixes e mariscos, con este proxecto pretende conseguir unha maior calidade no proceso de comercialización a través da adquisición de maquinaria para o control do etiquetado en orixe e o seguimento posterior do produto ata que este chega ao destinatario final; Concretamente dunha máquina que coloca as etiquetas mediante pistola no momento no que o peixe e o marisco entra nas súas instalacións.
Tamén se instalará unha báscula con software SAGE comunicado con ABSA, para controlar ao mesmo tempo o etiquetado, o control contable, o control de envasado, preparación de pedidos e control último da trazabilidade. Isto supoñerá a mellorará das condicións de traballo facilitando procedementos complexos, reducindo esforzos do persoal e erros na xestión de datos.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Mellora na organización do mercado de produtos pesqueiros.
- Incentivación de inversión nun sector pouco dado á innovación.
- Engadir calidade na comercialización de peixes e mariscos.
- Maior control na orixe e no destino do produto de venda.
- Mellora na calidade dos servizos prestados.
- Mellora das condicións de traballo.
- Maior control económico da actividade.
- Incremento do valor anual total das primeiras ventas.
- Adquisición da maquinaria e equipos informáticos.
- Instalación de programas informáticos.
- Formación do equipo de traballo.
- Posta en funcionamento e comercialización dos produtos pesqueiros locais
1. Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
1.1. Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)