Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

"Mares de Cultura, os Nenos e o Mar " Aves en Ortigueira e Estaca de Bares co IES Perdouro

Durante a xornada do luns visitamos Estaca de Bares e a ría de Ortigueira con alumnos do instituto IES Perdouro de Burela dentro da campaña “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar” promovido polo GALP A Mariña Ortegal.

Comezamos na punta de Estaca de Bares onde presenciamos un increíble paso migratorio do Mascato ou Alcatraz Atlántico (Morus bassanus) contabilizando máis de 100 individuos por mínuto, unha oportunidade única para observar esta especie nun dos mellores puntos de Europa para facelo. Na misma Estaca de Bares, aproveitamos tamén para visitar o faro gracias a Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, onde coñecimos a nova inquilina do faro, unha das poucas mulleres que na actualidade realiza esta labor.

A continuación desplazámonos á Ría de Ortigueira para observar multitude de especies limícolas que nesta época do ano buscan refuxio neste entorno. Observamos especies como Ostrero Euroasiático (Haematopus ostralegus), Garceta Común (Egretta garzetta), Garza Real (Ardea Cinerea), Mazarico Trinador (Numenius phaeopus), diferentes especies de correlimos e goivotas xunto con outras limícolas que fixeron da xornada una experiencia increíble para os participantes.

Agradecer ao profesorado do IES Perdouro polo interés e a participación na campaña.

Siguenos no noso Caderno de Bitacora: http://maresdecultura.es/aves-en-ortigueira-e-estaca-de-bares-co-ies-perdouro/