A empresa pretende ampliar as súas liñas de negocio coa introdución da venda e comercialización de moluscos depurados in situ, principalmente ameixa, berberecho e navalla. Para iso debe levar a cabo o acondicionamento das súas instalacións para un uso mixto como cetaria de mariscos e depuradora de moluscos, dotándoas de todo o equipamento necesario para a depuración, envasado e expedición destes últimos. O proxecto implica actuacións que polas súas innovacións tecnolóxicas e polo seu deseño, contribúe a o aforro enerxético e menor consumo de auga, xa que se trata dun circuíto pechado.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Incremento do valor engadido do marisco da Mariña-Ortegal
Fomento da innovación tecnolóxica en tódalas fases da cadea produtiva con equipos de alto rendemento e aforro enerxético
Mellora da competitividade e profesionalización do sector
Fomento do mantemento de emprego dentro do sector pesqueiro
Mellorar o envasado e expedición de moluscos debidamente depurados e cunha axeitada trazabilidade
Minimizar o impacto negativo sobre o medio ambiente coa adecuada xestión dos refugallos
Crear unha empresa máis competitiva
Aforro enerxético e menor consumo de auga
Mantemento de emprego: 2 ETC
Acondicionamento interior das instalacións sitas no porto de Espasante-Ortigueira (A Coruña) para levar a cabo un novo proceso produtivo de depuración, envasado e expedición de moluscos locais
Adquisición de equipamentos necesarios para levar a cabo a actividade
Mantemento de emprego: 2 ETC.
1. Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en tódalas fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
1.1. Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)