Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP A Mariña-Ortegal participou na “Presentación dos resultados do plan de participación no Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Lugo 2017-2020

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde,na presentación das Conclucións.

O GALP A Mariña-Ortegal participou na “Presentación dos resultados do plan de participación no Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Lugo 2017-2020”, que tivo lugar este mércores, 31 de maio, na Deputación de Lugo.

Segundo a exposición do equipo que elabora o documento, este Plan Estratéxico de Turismo, promovido pola Deputación de Lugo, é un documento que servirá de folla de ruta que permita a todo o territorio da Provincia de Lugo posicionarse no mercado e chegar a un maior número de turistas e visitantes, que podan coñecer a riqueza da zona; á súa vez, será un instrumento que avogará polo acondicionamento do destino para que cumpra coas expectativas dos visitantes, convertendo ao territorio nun destino sostible e de calidade.

O obxectivo xeral deste Plan é impulsar o crecemento e transformación do sector turístico da Provincia na procura dun modelo turístico mais competitivo, innovador e participativo que promova unha nova etapa no desenvolvemento turístico sostible.