
Onte martes 29 de maio, recibimos no noso #territorio a #visita de 5 rapaces que participan no proxecto europeo “Road Trip”. Foron recibidos polo Presidente e a Xerente do GALP A Mariña-Ortegal, e inciaron a súa ruta cunha visita interactiva a Conservas Crurrimar, na que puideron participar activamente nunha experiencia simulada de procesado e envasado de bonito, seguindo as indicacións de Nieves e Águeda; a visita rematou cunha degustación dos produtos elaborados artesanalmente por esta empresa.
A continuación, puideron coñecer a lonxa de Burela e o seu funcionamento, da man de Xusto; así mesmo puideron ver varias especies de peixes e mariscos (robaliza, centola...).
Rematamos a xornada coa visita ao proxecto Restaurante-Marisquería A Marquesa, que foi financiado polo GALP, onde puidemos degustar unha comida a base de produtos pesqueiros locais.
Para leer a noticia completa picha no seguinte enlace: