luns, 14 de Outubro de 2019 - 09:10

A exposición fotográfica "A Mariña Somerxida" que presenta o GALP A Mariña-Ortegal, continúa os seu itinerario.
Nesta ocasión, estará dende o día 16 ao 30 de outubro na Casa da Cultura do Vicedo, (Rúa Cidade de Mondoñedo, 23 O Vicedo) , onde se poderá visitar en horario de luns a venres de 10:00-14:00h e 16:00-19:30h.
A exposición consta de instantáneas orixinais dos fondos mariños da costa de Lugo. A exposición fotográfica única na Mariña Lucense, promovida polo GALP A Mariña Ortegal, dos fotógrafos Hugo Fernández e Carlos Gil, é unha mostra dun patrimonio natural descoñecido pola maioría. Pon en valor a biodiversidade somerxida.
A exposición A Mariña Somerxida convértese nun referente para a concienciación e divulgación mariña.