Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Rinlocosta Camping

Rinlocosta será un cámping familiar situado nunha parcela de case 5.000 m2 propiedade da promotora, no Lugar da Lagoa, en plena ruta das praias e a 500 m do porto de Rinlo.

Ademais dunha zona de acampada disporá de 2 Móbil-Home totalmente equipados. Contará tamén con: unha zona de exposición onde se dará a coñecer a historia do pobo de Rinlo e a súa cultura mariñeira; piscina exterior salina, taberna típica mariñeira con terraza, na que se ofrecerá aos clientes menús diarios con produtos típicos da zona, dando a coñecer así a nosa riqueza gastronómica; tenda; lavandería; barbacoas; zona infantil; aluguer de bicicletas, etc.

En resumo, tratase de recrear unha “aldea típica mariñeira” en homenaxe ao pobo de Rinlo, na que a promotora xunto co seu marido, como socio colaborador, ofrecerán e organizarán actividades de turismo activo como por exemplo xornadas de pesca con cana dende a costa, festas gastronómicas para promocionar os produtos locais, rutas en colaboración cos percebeiros que terán ocasión de darlle máis visibilidade ao seu duro traballo, “cantos mariñeiros” e rutas en bicicleta.

Datos xerais
Acrónimo: 
RINLOCOSTA CAMPING
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Belén Prado López
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Empresario Individual
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o desen
Convocatoria - ano: 
2016
Data de aprobación: 
10/10/2016
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
14
Anualidades: 
2016-2017
Data fin de execución: 
23/02/2017
Ámbito de aplicación: 

Rinlo (Ribadeo)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
525.997,39 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
406.643,79 €
Total axuda pública aprobada (€): 
200.000,00 €
% Subvención: 
50%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
170.000,00
FEMP (%): 
85
CA (€): 
30.000,00
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1,91
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

- Resaltar a nosa gastronomía potenciando o interese pola pesca e o marisqueo e a venta do produto no establecemento.

- Fomentar o turismo activo na zona  con deportes náuticos, rutas pola costa para dar a coñecer as cetarias e a riqueza do entorno.

-  Colaborar con outras empresas e co sector pesqueiro do territorio para poder ofrecer variedade de actividades e ao mesmo tempo dinamizar a economía local.

- Crear emprego de calidade.

 
 
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

- Crear un novo negocio turístico que contribúa ao autoemprego da promotora.

- Crear 4 empregos máis, dúas mulleres e dúas persoas vinculadas co sector do mar (1,91 ETC)

- Incrementar o número de visitantes ao pobo pesqueiro de Rinlo.

- Colaborar con empresas de actividades náutico deportivas do entorno.

- Diversificar o traballo dos mariscadores de Rinlo.

Principais actividades do proxecto: 

-Construción do cámping no Lugar da Lagoa, Rinlo.

-Acondicionamento das instalacións.

-Oferta de aloxamento.

-Oferta de actividades complementarias como por exemplo: rutas de sendeirismo, visitas guiadas, avistamento de aves, submarinismo, snorkel, kayaks, surf, paddle surf…

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

2. Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento de emprego.

 
Obxectivo específico da EDLP: 

2.3. Facer da Mariña-Ortegal un destino turístico diferencial destacando as potencialidades do turismo mariñeiro.

 
Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)