
ESTE VERÁN ARRINCA EN BURELA A RUTA DO PEIXE, QUE ORGANIZAN AS CONCELLERÍAS DE TURISMO E MEDIO AMBIENTE PARA POTENCIAR O MAR E OS SEUS PRODUTOS.
O Concello pon en marcha este verán a Ruta do Peixe, que foi presentada esta mañá polos edís de Turismo e Medio Ambiente, Ramiro Fernández Rey e Noelia Mª Ben, e por Pedro Rolle, de O Freixo dos Lobos, que será o guía desta nova iniciativa.
Segundo explicaron “trátase dunha visita guiada a unha peixería e á lonxa do porto de Burela”. Esta nova ruta terá lugar os días 5 e 19 de xullo e o 2 e o 16 de agosto en horario de 17 a 21:30 horas, con saída desde a Oficina de Turismo. E que pretende que tanto veciñ@s coma visitantes se acheguen ás nosas tradicións, á nosa cultura, ao noso mar, ao noso patrimonio…
Esta Ruta do Peixe enmárcase dentro do proxecto Entre arcos e cantís, financiado polo GALP A Mariña-Ortegal