
Os Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro de Galicia e a nosa marca turística Margalaica estamos a por en marcha un proxecto que abrangue toda a nosa costa: A RUTA DOS FAROS DE GALICIA, un circuíto que, entre Ribadeo e A Guarda discorre por todos os faros, portos, lonxas, actividades de turismo mariñeiro, hoteis con personalidade e, por suposto, os mellores restaurantes para degustar os peixes e mariscos da nosa costa.
Como parte do programa de comunicación e posta en valor da Ruta dos Faros, os GALP de Galicia estamos a realizar unha serie de seminarios temáticos sobre algúns dos aspectos culturais da nosa costa que suscitan mais interese turístico.
No caso de A Mariña-Ortegal, decidimos realizar un seminario sobre o uso e accesibilidade turística aos portos e lonxas pesqueiras de Galicia.
Dito seminario terá lugar o vindeiro 27de xullo, entre as 10:00 e as 16:00 horas, na Confraría de Pescadores de Burela.
Dado que o seminario vaise celebrar na cidade de Burela, gustaríanos convidalo a formar parte da mesa inaugural do mesmo. O acto terá lugar ás 10:00 da mañá e estaría acompañado por un representante da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Xunta de Galicia e por min mesmo.