Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

SINATURA DE CONVENIOS DE COLABORACIÓN DO GALP A MARIÑA-ORTEGAL CON ABANCA E CAIXABANK

INATURA DE CONVENIOS DE COLABORACIÓN DO GALP A MARIÑA-ORTEGAL CON  ABANCA E CAIXABANK

O GALP A Mariña-Ortegal, CaixaBank e ABANCA, unen esforzos para impulsar o sector primario no litoral norte galego, e acaba de asinar un convenio con estas dúas entidades que reforza a súa colaboración e permite facilitar o acceso ao crédito aos profesionais do sector pesqueiro e aos beneficiarios das axudas do GALP.

Os asociados e beneficiarios das axudas destas dúas comarcas optarán a produtos específicos lanzados por estas entidades bancarias con sede en Galicia.

O traballo conxunto do GALP e destas dúas entidades, permite ofrecer alternativas de crédito para realizar investimentos ou facer fronte aos gastos correntes.