Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Visita do Delegado da Xunta na Provincia de Lugo e representantes do Concello de Ribadeo ao Obrador Bombóns de Mar

Visita do Delegado da Xunta en Lugo e representantes do Concello de Ribadeo ao Obrador de Bombóns de Mar.

 A Xerente do GALP A Mariña-Ortegal, acompañou no día de hoxe ao Delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro e tres representantes do Concello de Ribadeo, entre eles o Alcalde Fernando Suárez, na visita ao proxecto “Fabricación, Distribución e Venda de Bombóns de Mar”, que foi financiado polo GALP A Mariña-Ortegal na anualidade 2016. A promotora do proxecto María José Ríos, tivo a oportunidade de amosarlles as instalacións e detallar cómo é o proceso para elaborar os bombóns con algas; tamén lles ofreceu unha degustación de ditos produtos.

Dende o GALP agradecemos a María José a súa amabilidade e ás institucións públicas o interese amosado polo desenvolvemento dos proxectos financiados polo noso Grupo.