Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

"Mares de Cultura, Os nenos e o Mar "Visita a San Ciprián e Viveiro co IES Cabo Ortegal de Cariño

Os rapazes do IES Cabo Ortegal visitaron a vila de San Ciprián para coñecer a Carpintería de Ribeira de Asteleiros Fra para coñecer in situ un oficio que está en perigo de extinción e o Museo do Mar, onde se puideron adentrar no pasado mariñeiro da comarca e na historia da caza de baleas, un recurso que durante séculos fixo prosperar a moitas familias do territorio. A tarde os rapazes remataron a súa xornada en Viveiro coa visita á Granxa de Coral ReefWater onde coñeceron as múltiples aplicacións que teñen os corais.