Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A Mariña Somerxida en Ribadeo.

A exposición fotográfica A Mariña Somerxida, que promove o GALP A Mariña-Ortegal, continúa a súa andadura.. nesta ocasión recala no Concello de Ribadeo, onde poderá visitarse:
Os días do12 ao 26Novembro na Oficina de turismo en horario de 10.00-14.00 e 16.00-19.00.

A exposición consta de instantáneas orixinais dos fondos mariños da costa de Lugo, dos fotógrafos Hugo Fernández e Carlos Gil,

Esta exposición é sen dúbida unha mostra dun patrimonio natural descoñecido pola maioría e pon en valor a biodiversidade somerxida.