Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Campaña #QuedaCoNosoMar #QuedaConNuestroMar En Cedeira "As embarcacións seguen indo ao mar por responsabilidade, porque ten que seguir habendo peixe nas peixerías e supermercados"

 

Eduardo González, Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Cedeira

 

“As embarcacións seguen indo ao mar por responsabilidade, porque ten que seguir habendo peixe en supermercados e peixerías”

Como afronta a Confraría de Cedeira e a xente do mar da zona a situación provocada pola Covid-19?

É unha situación difícil. Nós seguiremos traballando aínda que nos teñamos que endebedar. A Confraría xa solicitou préstamos ICO porque os gastos mantéñense mentres moita xente non pode ir ao mar. E a xente que vai faino, sobre todo, por solidariedade, porque o peixe vale menos que antes. Axudaría moito nestes momentos que non se contabilizara a cota de peixe, que hai que pagar. Por exemplo, vendemos a pescada a 1,5 euros o quilo, dos que 50 céntimos xa se van a pagar a cota. Isto sumado a salarios, víveres e combustible fai que non sexa rendible traballar. Pero temos que seguir indo ao mar por responsabilidade, porque ten que seguir habendo peixe nas peixerías e supermercados, especialmente o autóctono.

E logo no mar seguramente faise complicado manter as distancias de seguridade.  

Si, é un acto de fe, xa que os traballadores teñen que estar de luns a venres xuntos no mar e logo confiar que durante a fin de semana non se contaxian cando voltan aos seus fogares. Ademais, teñen que compartir espazo nos autobuses, dos que hai menor número e, por tanto, menos espazo, que antes do estado do alarma pola redución de frecuencias.

Qué proporción de xente está traballando?

Neste momento están traballando as embarcacións. O marisqueo está parado desde o momento en que pechou a restauración e a hostalaría o a xente do percebe só traballa nun 5% ou 10% do habitual. A Tenda da Lonxa da Confraría ten algún marisco que procede doutras lonxas, pero é pouca cantidade. O que mantén a actividade dalgunha forma é a venda de peixe, na que establecemos unha maior flexibilidade. Estamos vendendo por caixas a domicilio, pois numerosos fogares deciden conxelar o peixe para que dure todo o verán e aproveitan agora que o prezo está máis accesible. Porén, si notamos unha certa caída da demanda porque moita xente aínda non cobrou dos ERTE que están en vigor, polo que teñen menor poder adquisitivo.

Hai algunha proposta que queirades trasladar para mitigar os efectos desta situación?

Consideramos que sería interesante avaliar algún tipo de axuda para que a restauración, que aínda está parada, teña menores custos na adquisición de materia prima cando inicie a actividade. Sobre todo de materia prima de primeira necesidade, pero tamén de marisco e produto local de boa calidade. Poderíase analizar algunha forma de subvencionar a rastrexabilidade ou a subministración destes produtos.