Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Comeza a campaña “Mares de cultura, Os Nenos e o Mar"

O GALP A Mariña Ortegal presenta un ano máis un dos seus proxectos estrela de dinamización no que participarán 800 escolares.

O GALP A Mariña Ortegal presenta un ano máis un dos seus proxectos estrela de dinamización no que participarán 800 escolares.

A campaña escolar “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar” é unha campaña de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar, presentada a través dun completo programa de actividades.

O principal obxectivo é achegar as novas xeracións, escolares de primaria e secundaria, ao entorno litoral de A Mariña-Ortegal, para descubrir in-situ a cultura mariñeira, os recursos naturais e as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal.  Persegue ademais, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o respecto polo medio mariño e uns hábitos de consumo responsables dos produtos do mar. Ao mesmo tempo, a través desta campaña, póñense en valor as actividades económicas do sector do mar dunha forma sustentable.

Nesta edición, a campaña pretende ser un referente de divulgación, consolidándose como complemento educativo dentro do programa de actividades escolares dos centros participantes.

A campaña vai dirixida a escolares de entre 8 e 15 anos, dos centros educativos do territorio de A Mariña-Ortegal e de fora del. En total 800 escolares dos seguintes municipios: Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Barreiros, O Valadouro, Mondoñedo, Lourenzá, Foz, Burela, Alfoz, Cervo, Xove, Ourol, Viveiro, O Vicedo, Cariño, Cerdido, Mañón, Ortigueira, Cedeira, Valdoviño, Moeche, San Sadurniño e Somozas.

Cada centro poderá solicitar a participación nas diferentes actividades da campaña nos meses de maio, xuño, setembro, outubro e novembro do 2019, de forma totalmente gratuíta:

Charla Divulgativa e material didáctico

Cada centro participante recibirá unha charla divulgativa na aula sobre o contido da campaña, a labor do GALP e a posta en valor dos recursos costeiros e a cultura mariñeira da man dun biólogo mariño. Recibirán tamén o material didáctico que sirve como reforzo educativo e complemento didáctico da xornada de actividades.

Xornada de excursións e actividades

Nesta edición contamos cun total de 24 actividades entre as cales destacan varias novidades de gran interese. Cada centro poderá participar con un ou varios grupos dun máximo de 50 alumnos por grupo. Para as xornadas de excursión cada grupo escolle dúas ou tres actividades (dentro do programa adxunto) que máis lle interese realizar durante unha xornada.

Concurso escolar Mares de Cultura, os Nenos e o Mar

Outra das novidades desta edición é que os grupos e clases poderán participar ademais nun concurso escolar co obxectivo de que as novas xeracións dean a súa perspectiva sobre o mar a través da realización dun conto.

Pódese ver mais información sobre a campaña no seguinte enlace: http://maresdecultura.es/comeza-mares-de-cultura-os-nenos-e-o-mar-2019/

O centros escolares interesados en participar poden informarse en:

Enderezo electrónico: maresdecultura@gmail.com

Tfno.: 659 16 71 97 (Coordinador: Carlos Gil)