martes, 6 de Febreiro de 2024 - 10:02

ABERTO PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS- ATA O 29 DE FEBREIRO DE 2024
Abrese o prazo para a solicitude de Axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) co obxecto de impulsar o tecido económico empresarial do GALP A Mariña-Ortegal
Os proxectos seleccionados dentro das axudas, por norma xeral, recibirán unha intensidade de axuda que pode acadar o 50% do gasto subvencionable, dependendo da puntuación obtida, ata un máximo de 200.000€, en dependencia da tipoloxía do proxecto. Estas porcentaxes poderían incluso incrementarse e chegar ao 100% en proxectos interese colectivo, beneficiario colectivo ou de pesca artesanal.
Para máis información, contactade co GALP A Mariña-Ortegal

