
ABERTO PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS-ATA O 21 DE MARZO DE 2025
Abrese o prazo para a solicitude de Axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2025 (código de procedemento PE155A) co obxecto de impulsar o tecido económico empresarial do GALP A Mariña-Ortegal
Os proxectos seleccionados dentro das axudas, por norma xeral, recibirán unha intensidade de axuda que pode acadar o 50% do gasto subvencionable, dependendo da puntuación obtida, ata un máximo de 200.000€, en dependencia da tipoloxía do proxecto. Estas porcentaxes poderían incluso incrementarse e chegar ao 100% en proxectos interese colectivo, beneficiario colectivo ou de pesca artesanal.
O prazo de presentación é dun mes e remata o 21-03-2025.
Achegamos ligazón a orde:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250221/AnuncioG0427-120225-0003_es.html
Os modelos de memoria e plan económico para a presentación de solicitudes están dispoñibles na web:
https://galp.xunta.gal/presentacion-de-proxectos
Consulta a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo da Mariña-Ortegal 2021-2027:
https://galp.xunta.gal/sites/default/files/edlp-galp_a_marinaortegal_.pdf
O territorio de actuación do GALP A Mariña-Ortegal comprende os concellos de Valdoviño, Cedeira, Cariño, Ortigueira, Mañón, O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo.
Para máis información, contactade co GALP A Mariña-Ortegal

