
Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal e Golfo Ártabro Norte presentarán mañá xoves 6 de xullo o proxecto cooperación interterritorial de turismo mariñeiro “Galicia Norte. Mares de Experiencias”, que ten por obxectivo a creación e promoción de rutas e experiencias turísticas para a posta en valor do patrimonio natural e cultural de 23 concellos desta zona da nosa comunidade.
A presentación terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura de Valdoviño e asistirán entre outros Alfredo Llano García, vicepresidente do GALP A Mariña-Ortegal e alcalde de Burela; e María José Crespo Fraga, presidenta do GALP Golfo Ártabro Norte e patroa Maior da Confraría de Miño, así como o alcalde de Valdoviño, Alberto González Fernández, que exercerá de anfitrión