Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

CORRECCIÓN DE ERROS- Proposta de resolución provisional da Xunta Directiva do GALP A Mariña-Ortegal- CONVOCATORIA 2023- (Orde do 14 de setembro de 2023)

Detectado erro nos importes  das anualidades 2023,2024 e 2025 dos proxectos da partida orzamentaria 780:

PE155A-2023-0007- Gastromar Cedeira: produción de consumo de produto mariñeiro local. Minoración da contía de gastos propostos polo solicitante: G12; G41; G43;G44; G54, por ser superior ao valor de mercado aportado

PE155A-2023-0015- Ondas de sabor: Promoción do consumo de percebe e bivalbos de Valdoviño. Minoración da contía de gastos propostos polo solicitante: G12; G41; G43;G44; G54, por ser superior ao valor de mercado aportado

Procédese a publicar novamente a proposta na páxina web actual e no  taboleiro de anuncios da oficina de dito GALP, informando de que  non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos:

Tal e como se reflicte no artigo 20.1 da Orde do 14 de setembro de 2023 da Consellería do Mar, outorgase un prazo de alegacións aos interesados contra esta resolución de 5 días hábiles contados dende a data da súa publicación hoxe día 28/11/2023.

No caso de non haber alegacións no prazo indicado, esta proposta pasará a ser definitiva, non creando a proposta definitiva ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.