O proxecto ten como obxetivo a adquisición, instalación e posta en marcha de equipamento específico para a elaboración e comercialización dunha nova liña de produtos do mar, o conxelado, apostando por formatos e presentacións novas co fin de satisfacer a demanda do sector nos últimos anos, extendendo así a disponibilidade de produtos durante todo o ano, non só puntualmente. Preténdese vender en formato conxelado, principalmente pulpo, calamar, colas de rape, xiba, zamburiña, camarón e langosta.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Elaboración e comercialización de produtos de mar en formato conxelado co fin de satifacer a demanda actual do sector, que esixe produtos dispoñibles durante todo o ano, non só puntualmente por temporadas concretas.
- Contar cunha maior variedade de produtos do mar para os clientes, podendo estes escoller entre produto fresco e conxelado.
- Garantir a correcta conservación do produto final, tanto fresco como conxelado.
- Aumentar vendas e beneficios globais da empresa.
- Reforzar o posicionamento de empresa no sector.
O proxecto, levarase a cabo nas instalacións que a empresa posúe en Cedeira e consiste na adquisición, instalación e posta en marcha de equipamento específico co fin de obter novas presentacións de produtos do mar (liña conxelado) aumentando así a oferta de produtos do mar a vender e contando cunha maior diversidade que ata o momento. Parte do equipamento tamén permitirá mellorar a calidade do produto fresco e garantir a súa conservación para a posterior venda como fresco.
OBXETIVO ESTRATÉXICO 1. Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
OBXETIVO ESPECÍFICO 1.1. Desenvolver un produto pesqueiro de valor a través de melloras produtivas e organizativas no sector e nas actividades mariñeiras.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

