mércores, 4 de Xullo de 2018 - 10:07

O Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade da Coruña, está a redactar dende hai meses a Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia.
Esta Estratexia consiste na planificación estratéxica dunha rede de áreasnaturais ou seminaturais e elementos ambientais que asegure a protección da biodiversidade e garanta a provisión dos servizos ecosistémicos necesarios para a poboación.
Onte a Xerente do GALP A Mariña-Ortegal asisitú como convidada ao encontro participativo do #sector #Litoral e #Pesca, con outros representantes da Administración con intereses e coñecemento na materia.
http://infraestruturaverdegalicia.gal/