Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Escolares de Foz visitan a fábrica de corais Reef Water

Estudiantes do CEIP O Cantel de Foz visitaron hoxe a granxa de coral Reef Water en Viveiro, dentro do programa “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar” promovido polo GALP A Mariña Ortegal.

Nesta actividade, os escolares recibiron unha charla didáctica sobre os recursos mariños do noso territorio a cargo da nosa bióloga mariña Ana de Lara, e posteriormente achegáronse a vila de Viveiro para coñecer o traballo que alí desempeña Reef Water, a granxa de coral pioneira na cría, cultivo e investigación destes organismos. É un privilexio poder visitar con nenos e nenas da nosa comarca este centro dirixido por Vanesa, que nos guiou, xunto con Ana, durante o recorrido polos diferentes tanques explicandonos os segredos dos arrecifes de coral.

Siguenos no noso caderno de bitácora:

http://maresdecultura.es/caderno-de-bitacora/