Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Exito no curso de Guias Locais do proxecto "Entre Arcos e Cantís"

Particpantes do curso de Guias Locais

 

Un total de 20 persoas participaron no curso de guías locais que, organizado polas Concellerías de Medio Ambiente e Turismo, foi impartido os días 20 e 21 de maio .No curso tratou de que os alumnos recibisen unha formación o máis ampla posible sobre Burela, a súa historia, a xeoloxía, a bioloxía, a arqueoloxía, a actualidade... O sábado a xornada dedicouse á formación teórica, os poñentes foron: Francisco Canosa Martínez (xeólogo); Laura Carquijero López (bióloga); Manuel Miranda Ruiz (ceramista e experto en reproducións arqueolóxicas); e Begoña Romo Conde (monitora de educación ambiental e tempo libre do Concello de Burela). E o domingo aproveitaron para a percorrer os lugares de maior interese de Burela: o porto, o barco museo, a zona xeolóxica de Perdouro, a Igrexa da Vila do Medio, o hipocausto, a zona xeolóxica da Marosa, Monte Castelo, Cabo Burela, As Tetas da Vinculeira, praias...”.

https://www.facebook.com/permalink.php?story_fbid=1254928281272364&id=40...