venres, 14 de Xuño de 2019 - 11:06

Os cervexeiros de Augas Santas, que producen a primeira cervexa artesá da Mariña, inaguraron no día de onte a súa fábrica.
A cervexa Augas Santas é a primeira elaborada con auténtica auga de mar da nosa zona e que conta a demais cun deseño nas súas etiquetas ilustrativas que pon en valor o noso territorio, con imaxes representativas da zona e mesmo cun mapa ilustrativo da Mariña Lucense.
Esta iniciativa pioneira e innovadora na comarca contou co apoio das axudas que xestiona o GALP A Mariña-Ortegal.