Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

No Museo Mares de Cedeira co CEIP de Covas.Mares de Cultura. Os nenos e o mar.

O pasado 29 de outubro, alumnos do CEIP de Covas visitaron Cedeira para coñecer o Museo Mares de Cedeira nunha actividade enmarcada no programa «Mares de Cultura, os Nenos e o Mar» promovida polo GALP A Mariña Ortegal.

Os escolares aprenderon da man de Lucía, sobre as diferentes embarcacións, carpintería de ribeira e artes de pesca típicas na vila cedeirense. Tamén coñeron un pouco de historia da navegación e finalmente descubriron as especies mariñas na última das salas do museo que contén a segunda colección de cunchas máis grande de Galicia.

Todo unha pasada!!

info: http://maresdecultura.es/caderno-de-bitacora/