mércores, 26 de Febreiro de 2025 - 12:02

O GALP A Mariña Ortegal organiza 2 xornadas informativas para presentar a convocatoria de axudas 2025 ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) 2023-2027.
Dirixidas ao empresariado, asociacións, entidades do sector pesqueiro e público en xeral, nestas xornadas explicaranse as bases da convocatoria, resolveranse dúbidas e prestarase asesoramento para a redacción dos proxectos.
Ven e consulta as túas dúbidas!!!!
Tes cita en:
- Cedeira. Sala Áncora (Praza Roxa). Mércores 5 de Marzo de 2025 de 10 a 14 horas.
- Burela. Restaurante A'Mares (Travesía do Porto, 7). Xoves 6 de Marzo de 2025 de 16 a 20 horas.
Para máis información, contactar co GALP A Mariña Ortegal

