luns, 21 de Outubro de 2019 - 12:10

O 18 de outubro alumnos de primaria do CEIP de Covas visitaron o porto de Burela dentro da campaña «Mares de Cultura os Nenos e o Mar» que promove o GALP A Mariña Ortegal.
Visitaron o Barco Museo e a peixería Almacén do Peixe, co obxetivo de aprender sobre a pesca sostible do noso territorio.
A pesca do bonito foi un dos principais temas, pero tamén coñecer o traballo das peixeiras do Almacén do Peixe, quenes ofrecen o mellor producto coa mellor calidade.