Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O CEIP de San Cosme disfrutou do Premio do Concurso Mares de Cultura

O CEIP de San Cosme disfrutou do Premio do Concurso Mares de Cultura.

O pasado xoves 21 de Xuño, escolares do CEIP de San Cosme (Barreiros) achegáronse a Foz para disfrutar dunha xornada de actividades náuticas como premio polo concurso de contos “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar”, promovido polo GALP A Mariña Ortegal.

Oscar Perdiguero Smolen de 11 anos, co seu conto “O Mariñeiro e o Barco”, foi o gañador desta edición, e gracias a súas dotes literarias, tódolos seus compañeiros e compañeiras disfrutaron dunha increíble excursión.
Durante a xornada, os escolares tiveron a oportunidade de realizar unha sesión de iniciación ao surf e ao kaiak cos nosos amigos de Maremasma