Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP A Mariña-Ortegal celebrou unha xornada de familiarización para a Ruta dos Faros

Arredor de 15 entidades relacionadas coa industria turística coñecen os pormenores da Ruta dos Faros no territorio do GALP A Mariña-Ortegal.

O pasado luns 29 de outubro, celebrouse unha xornada dedicada a salientar os recursos turísticos vencellados á Ruta dos Faros de Galicia na que se atopan os 13 concellos que comprende este organismo.

Esta actividade, á que estaban convidadas todas as empresas asociadas a Mar Galaica, gozou coa representación de case unha vintena de entidades turísticas do territorio, quen deron a coñecer as potencialidades dos seus negocios e do entorno que os rodea ao resto de participantes mediante unha xornada de networking. A creación da rede de contactos continuou durante a comida namentres se degustaba unha selección de pratos do mar na terraza do Hotel las Sirenas de Viveiro.

Ademais de crear unha rede de contactos con outros negocios da zona, as persoas participantes recoñeceron os atractivos turísticos salientados pola Ruta dos Faros nunha presentación que foi complementada con visitas interpretadas a recursos representativos do territorio: O Barco Museo Boniteiro Reina del Carmen, O Faro de Estaca de Bares e o Porto de Bares. As persoas participantes coñeceron de primeira man a información relativa a estes bens e ao produto turístico A Ruta dos Faros de Galicia de maneira que poderán influenciar aos seus clientes para que os visiten con  fundamentados argumentos.