Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP A Mariña-Ortegal convida a participar nas Mesas Sectoriais da Avaliación Intermedia da EDPL

O GALP A Mariña-Ortegal colabora  coa Consellería do Mar na aplicación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), dende o ano 2016.

Despois de xestionar varias convocatorias deste programa de axudas, é o momento de facer unha avaliación intermedia do traballo desenvolvido polo GALP, tal e como se contempla na nosa EDLP; para elo imos levar a cabo unha reunión das mesas sectoriais (sector pesqueiro, social, económico e público) e un Foro no que se exporán os resultados obtidos.

A reunión das mesas sectoriais terá lugar o mércores, día 20 de febreiro, de 18:00 horas a 20:00 horas no Hotel Gastronómico Boa Vista (Viveiro), e convidámoste a participar e achegar a túa opinión (adxunto remitese invitación).

A túa participación neste proceso é imprescindible.

Dado que na reunión se ofrecerá un ágape aos participantes, é necesario confirmar asistencia no seguinte enderezo electrónico: gac1@accioncosteira.es.