Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O Galp A Mariña-Ortegal e a ABANCA únense para impulsar o desenvolvemento socioeconómico da poboación pesqueira

ABANCA vén de asinar un acordo de colaboración en materia financeira co Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal, no marco da súa estratexia de apoio ao sector pesqueiro en Galicia. O banco canalizará esta alianza a través de ABANCA Mar, a súa unidade de negocio especializada na cadea de valor do mar.

O director de zona de ABANCA na Mariña, Carlos Teijeiro Pita, e o presidente do GALP A Mariña-Ortegal, Basilio Otero Rodríguez, respectivamente, foron os encargados de rubricar o acordo financeiro, que reafirma o compromiso do banco co tecido produtivo de Galicia e, especificamente, con estes grupos que operan na franxa litoral da comunidade. O acto contou tamén coa asistencia do director de ABANCA Mar, Javier Fraga.

Esta alianza permite impulsar o desenvolvemento da pesca, marisqueo e acuicultura galegos y difundir entre estes colectivos as axudas europeas do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), que xestiona a Xunta en colaboración con estes grupos sectoriais.
O protocolo asinado inclúe unha oferta financeira personalizada ao sector, orientada principalmente a facilitar o acceso ao crédito aos profesionais e beneficiarios das subvencións europeas.