
O GALP A Mariña-Ortegal levou a cabo, entre as súas actividades de animación, a elaboración e distribución de salvamanteis, co fin de poñer en valor a calidade dos produtos das súas lonxas.
Para súa elaboración elixironse dez especies características do territorio e das súas lonxas: bonito do norte, merluza, robaliza, xurelo, percebe, centola, nécora, ameixa fina, berberecho e coquina.
Os salvamanteis editados en papel reciclado e que conteñen información sobre ditas especies características do territorio: nome da especie, aspectos sobre a súa calidade, información sobre a súa trazabilidade, artes de pesca utilizadas, información sobre a sostibilidade das mesmas e unha receita innovadora dun Chef elaborada con dita especie; foron distribuidos entre os restaurantes do territorio do GALP A Mariña-Ortegal que tiveran na súa carta produtos pesqueiros de proximidade (Km0) e participasen dos proxectos promovidos polo GALP A Mariña-Ortegal (que sexan sociosde Mar-Galaica e/ou que participasen no proxecto “Galicia Norte, Mares de Experiencias” e“Morada Atlántica. Cocina Atlántica”).

