Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP A Mariña-Ortegal presenta un proxecto de Inclusión Social.

O GALP Golfo Ártabro Sur organiza o evento "Un Mar de Oportunidades Laborais-Inserción Laboral das Persoas con Diversidade Funcional", que terá lugar o día 29 de outubro no salón de actos do edificio servizos múltiples de Culleredo.

Con esta xornada busca dar a coñecer os lobros que se están a realizar na insercción laboral das persoas con diversidade funcional. Para isto amosaran proxectos realizados dende os GALPs con outras entidades dos seus territorios en materia de empregabilidade no mundo do mar de persoas con diversidade funcional, así como dar a coñecer os programas e vías que están abertas para a empregabilidade destas persoas no seu territorio.

Nesta sesión o GALP A Mariña-Ortegal presentará o seu proxecto con ASPROMOR a entidade solicitante do mesmo. Este proxecto foi seleccionado por FARNET como exemplo europeo de Inclusión Social e Boa Práctica.