
Despois de escoitar as valorancións dos asistentes ós Obradoiros de cociñado de peixes e mariscos da Mariña-Ortegal organizados polo GALP 1 e que tiveron lugar este sábado nos concellos de Barreiros e Ribadeo, pódese concluir que productos coma a xarda, a pescada ou as algas gardan xa menos segredos para eles. Cúmprese así o obxectivo de que estas especies do territorio gañen máis presencia nas nósas cociñas e se incorporen de xeito habitual nos nósos menús..
Unha vez máis foi o cociñeiro Miguel Mosteiro o encargado de impartir maxisterio para facer ver que o producto de proximidade reúne, como ningún outro, garantías de frescura e conservación de cualidades organolépticas.
San, rico, asequible e fácil de preparar. O nosos peixes atesouran estas catro características que fan moi recomendable o seu consumo de xeito habitual, e en todas e cada unha delas fixo fincapé Mosteiro ó longo do obradoiro que foi seguido e probado con moita curiosidade polos asistentes
Despois de percorrer once dos doce concellos nos que a actividade estaba programada, queda únicamente o concello de Cedeira por acoller os obradoiros. A acción terá lugar o vindeiro mércores, día 5 de decembro na Sala Áncora, na Praza Roxa de Cedeira en horario de 16:30 a 21:00 h.
As inscripción xa se atopan abertas no tlfno. 649 876 614 así como no enderezo de correo electrónico obradoiroscocinamarinaortegal@gmail.com

