luns, 26 de Abril de 2021 - 06:04

Nos meses de maio e xuño dende no GALP A Mariña-Ortegal poñemos en marcha formacion e asesoramento en DIXITALIZACION co que queremos apoiar e impulsar ao comerciolocal restaurantes e peixerías do territorio.
As novas demandas do mercado, aceleradas nos últimos meses polos cambios nos hábitos de consumo derivados da crise sanitaria, fan necesario un cambio e adaptación dos procesos de venta do pequeno comercio, restaurantes e peixerías.
En tres sesións falaremos de….
1ª Ferramentas básicas para a dixitalización. A venta online o reparto
2ª Exemplos de éxito
3ª Axudas e subvencións para a implantación de ferramentas dixitais
Ademais durante todo o mes de xuño terás a túa disposición asesoramento en calquera dos contidos impartidos nesas tres sesións a través de teléfono canle de WhatssApp e correo electrónico
Se estás interesad@, apúntate a través deste cuestionario online https://bit.ly/2QKz23o, chamando ao seguinte teléfono 621 251 490 ou no seguinte correo formaciondixitalizacion@gmail.com
*As sesións formativas serán a través de videoconferencia como consecuencia da pandemia