Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta de resolución provisional da Xunta Directiva do GALP A Mariña-Ortegal- CONVOCATORIA 2023- (Orde do 14 de setembro de 2023)

A Xunta Directiva do GALP A Mariña-Ortegal en xuntanza celebrada o día 24 DE NOVEMBRO DE 2023, vista a proposta de resolución provisional do Equipo Técnico do GALP seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou  prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura -FEMPA- 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2023 (DOG nº183 do 26 de setembro de 2023). 

Pode consultarse no seguinte ficheiro: 

Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina de dito GALP e non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.

Tal e como se reflicte no artigo 20.1 da Orde do 14 de setembro de 2023 da Consellería do Mar, outorgase un prazo de alegacións contra esta resolución de 5 días hábiles contados dende a data da súa publicación

No caso de non haber alegacións no prazo indicado, esta proposta pasará a ser definitiva, non creando a proposta definitiva ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.