Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proxectos seleccionados Vidas Mariñeiras

Seleccionados os proxectos e os centros do programa pedagóxico"VIDAS MARIÑEIRAS" promovido polo GALP A Mariña-Ortegal:

IES de Foz: cun proxecto que leva o título provisional de “Os pés na auga, mans salgadas de muller” sobre a fala dos mariñeiros e mariñeiras, que inspirou a escritores como Luisa Castro ou Manuel María e sobre os oficios vinculados ao mar, nos que a muller ten un papel fundamental.

IES Monte Castelo (Burela): co proxecto “Un mar distinto” (título provisional) reflexionará sobre a vida no mar e o que significa vivir del, pero tamén como é velo por primeira vez. Como é vivir nun lugar onde o mar está sempre presente e de que xeito se diferencia coa vida no interior?

As alumnas e alumnos dos IES MonteCastelo do Concello de Burela e do IES DeFoz do Concello de Foz xa comezaron a formarse nos principios básicos do #audiovisual e a desenvolver os seus #proxectos dentro do programa "Vidas Mariñeiras" para o curso 2018-2019

Máis info:http://vidasmarineiras.gal/blog/8/vidas-mari%C3%B1eiras-finalistas