Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Semana Europea de Rexións e Cidades

 O GALP A Mariña-Ortegal participou na Semana Europea das Rexións e das Cidades, celebrada en Bruxelas do 8 ao 11 de Outubro.

Baixo o título 'Por una Política de Cohesión fuerte de la UE más allá de 2020', a Semana Europea das Rexións e das Cidades celebrou máis de 170 sesións de traballo, eventos de redes e visitas a proxectos. Os participantes puideron asistir entre outros a  un taller interactivo con Rosa Quintana Carballo, Consejera de Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, sobre o papel dos GALPs no desenvolvemento sostible das zonas de pesca e a aplicaión da Política Pesqueira Común.

A representación do GALP A Mariña-Ortegal a través do seu  Presidente e Xerente, siriviu para publicitar e visibilizar as axudas do GALP A Mariña-Ortegal e para amosar algúns dos proxectos máis relevantes financiados.