Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Vidas Mariñeiras un concurso dirixido ao alumnado que premia as mellores ideas sobre o mar e a vida nel

O programa audiovisual Vidas Mariñeiras chega este curso aos concellos d´A Mariña-Ortegal.

Trátase do programa pedagóxico Vidas Mariñeiras, convocado polo Grupo de Acción Local Pesqueira A Mariña-Ortegal no marco das actividades que organiza a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) co obxectivo de dinamizar e poñer en valor o litoral da súa área.

Ata o próximo mércores 3 de outubro, o alumnado de 3º e 4º da ESO e de 1º Bacharelato dos concellos que abranxe o GALP A Mariña-Ortegal (Valdoviño, Cedeira, Cariño, Ortigueira, Mañón, O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo) pode presentar proxectos audiovisuais relacionados coa vida e a paisaxe na costa ou que teñan como punto de partida o retrato dos oficios vinculados ao mar nesta zona costeira, e estén enfocados á realización dunha curtametraxe.

Os proxectos deben ser grupais (entre 5 e 15 alumanos e alumanas) e centrarse nos oficios tradicionais, nas paisaxes, na cultura, na actividade produtiva ou na vida mariñeira local.

As pezas audiovisuais resultantes proxectaránse ao publico e estarán dispoñibles na web vidasmarineiras.gal., onde tamén se poden contsultar as bases completas.

Máis información: http://vidasmarineiras.gal/