Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

VIII Festa do Percebe de Xove

Este sábado 20 de xullo o Concello de Xove celebra a súa VIII Festa do Percebe que terá lugar na Praza do Concello como punto de encontro, onde a organización instalará unha carpa na que o crustáceo comezará a servirse a partir das 12.00 horas.

Esta degustación gastronómica animarase con música nas rúas que amenizarán a xornada e con outras actividades culturais como obradoiros ou teatro para resaltar a riqueza biolóxica e gastronómica do litoral xovense

E tamén desde o pasado luns e ata o 28 de xullo podese visitar na Sala de Exposicións do Concello a mostra “O percebe e o seu ecosistema”.

Esta festa gastrónomica está encadrado no proxecto GALP1-071 "Construir o Futuro de Xove Mirando ao Mar" do GALP A Mariña-Ortegal.