venres, 13 de Setembro de 2019 - 12:09

O parque recreativo “Laberinto da Mariña” é un espazo de ocio na contorna do pobo de Rinlo (Ribadeo), formado por un percorrido laberíntico, que conta ademáis cun miradoiro con vistas a toda a costa mariñá e unha zona de xogos, principalmente tradicionais, creados por expertos artesáns da comarca.
Este innovador proxecto financiado polo GALP A Mariña-Ortegal, foi xunto co de cervexas Augas Santas, declarado como exemplo de boas prácticas 2019 pola Rede Española de Grupos de Pesca.
A directora xeral e subdirectora de Desenvolvemento Pesqueiro, o xefe territorial da Consellería do Mar e a xerente do GALP A Mariña-Ortegal tiveron a ocasión de coñecer en situ este proxecto que contou coa financiación do GALP.