Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Visita do GALP Golfo Ártabro Norte a noso territorio

O venres 5 de Maio tivemos a honra de recibir a de 15 representantes do GALP Golfo Ártabro Norte, xunto coa Xerente e a Técnico de dito Grupo. O obxecto da visita era coñecer iniciativas financiadas polo noso Grupo que son obxecto de interese para o seu territorio.
Pola mañá visitamos a Vanesa, do proxecto Reef Water Coral Farm (Magazos-Viveiro); a Nieves, Nuria e Agueda, do proxecto Conservas Artesanas Curricán (Xove); a Matías do proxecto Restaurante-Marisquería A Marquesa (Burela), onde aproveitamos para degustar produtos pesqueiros e marisqueiros locais e repoñer forzas para seguir a ruta programada
Na sesión de tarde, visitamos a Carlos e Nacho do proxecto Maremasma Multiaventura e Medioambiente (Foz) e a María José do proxecto Bombóns de Mar (Ribadeo).
Como de costume, fumos atendidos con moita amabilidade por todos eles, o que agradecemos enormemente dende o noso Grupo!!!